Libros en gallego·Periodismo·Sin categoría

Día das Letras Galegas

Feliz Día das Letras Galegas, os meus pequenos bonecos de neve! Este ano, esta xornada tan especial está dedicada ao poeta Manuel María, un home combativo e cun gran compromiso político.

A miña forma de achegar un chisco máis a literatura aos galegos neste día tan emotivo é mostrando as novidades  da Editorial Galaxia.

Obras interesantes, con autores de renome e que espero poder ler e compartir impresións convosco pronto. E, desde aquí, convido a tódolos lectores a lanzarse a esta lingua.

A garza insomneTítulo: A garza insomne

Autor: Varios

Editorial: galaxia

Número de páxinas: 264

Ano de publicación: 2016

Sinopse:

Este volume reúne os relatos -finalistas e gañadores- do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía entre os anos 2013 e 2015. Nove obras literarias que, como un presente, chegan a nós tan diversas como cativadoras. No seu interior discorren paixóns e gozos dignos de ser descubertos: a brutalidade da guerra, a vaidade intelectual, o peso da culpa, a frustración amorosa, as profesións máis sanguinarias, a vinganza, a felicidade imposible, estraños crimes, difíciles decisións, o verdadeiro e o falso coñecemento, o costumismo máis rico e en xeral as enerxías telúricas que nos moven, inexorablemente, a continuar vivindo. Todo isto reunido baixo a imaxe dunha garza insomne… Por que? Porque a obra literaria, en esencia, non é outra que unha proposta de harmonía perante o caos, unha incesante nova interpretación do mundo, o diversos reunido no único, coma se esa moura ancestral que preside desde sempre os nosos castros nos enviase un animal tan sabio que coñecese cada historia do mundo, un animal viaxeiro que todos os pobos veneran e que vela por nós desde os nosos encoros e ríos.

A boca do monte

 

Título: A boca do monte

Autora: Celia Díaz Núñez

Editorial: Galaxia

Número de páxinas: 168

Ano de publicación: 2016

Sinopse:

Hai xestas que parecen imposibles de facer. Pero fanse. E hai épocas pensadas para ese tipo de momentos heroicos. Nesta novela, a autora repasa un momento da nosa historia que é moito máis ca a construción dun túnel ou o furado brutal dunha montaña brutal. Sobre todo, é unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis que como man de obra á que escravizar. Pero maila a situación, sempre hai quen se rebela, sempre hai quen pelexa pola súa libertade. Unha viaxe pola Galicia de hai moitos séculos. Pero tamén pola Roma imperial e grande que, tamén, puxo as súas gadoupas na nosa terra.

A fuga a Exipto

 

Título: A fuga a Exipto

Autor: Bernardino Graña

Editorial: Galaxia

Número de páxinas: 228

Ano de publicación: 2016

Sinopse:

Na liña da novela histórica, neste caso partindo da tradición apócrifa cristiá, Bernardino Graña continúa nesta novela a súa reinterpretación narrativa da vida de Xesús Cristo. Cóntanse nela os cinco anos que María, Xosé e o seu fillo pasan en Exipto, escapando da furia de Herodes, rabioso por matar a Xesús, proclamado polos pastores rei de Israel. Escrita co ritmo, a organización argumental e a penetración nos personaxes das mellores novelas, A fuga a Exipto aproveita os máis novidosos achados da investigación histórica para transmitir a quen le o acontecer da vida cotiá daqueles tempos. Coa estadía da Santa Famillia na localidade de Maghagha, situada á beira do Nilo, remata unha das peripecias máis enigmáticas da historia do fundador do cristianismo, iluminada polo autor coa habelencia e a sabedoría literarias dos grandes artesáns da narración oral.

Raiolas de sol

 

Título: Raiolas de sol

Autor: Antonio García Teijeiro

Editorial: Galaxia

Número de páxinas: 88

Ano de publicación: 2016

Sinopse:

Unha raiola de sol, por breve que sexa, pode iluminar por completo espazos da realidade que quizais permanecían agochados aos nosos ollos. Todos e cada un dos relatos deste novo libro de Antonio García Teijeiro son coma esas raiolas: alumean vidas, historias, ofrecen pinceladas luminosas sobre parcelas da realidade que nin imaxinabamos. Unha mestura de personaxes inesquecibles. Vellos músicos e mestres e poetas e mentes curiosas dispostas a deixar cambiar a vida para sempre por un verso, por un beixo, por un acorde. Unha das obras máis delicadas da produción, intensa e tamén chea de luz, de Antonio García Teijeiro.

Anuncios

8 comentarios sobre “Día das Letras Galegas

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s