Libros·Libros en gallego·Sin categoría

“Un dente sen cadáver”, Miguel Anxo Fernández

Título: Un dente sen cadáver

Autor: Miguel Anxo Fernández

Editorial: Galaxia

Número de páginas: 242

Año de publicación: 2016

A frase: “Hoxe tiven un día fodido. Nunha aldea das aforas, un can apareceu levando entre os dentes o anaco dunha man…” | La frase: “Hoy he tenido un día jodido. En una aldea de las afueras, un perro ha aparecido llevando entre los dientes un cacho de una mano“.

Valoración:

estrellas1Sinopse/sinopsis

Nunha imprevista viaxe a Galicia para recoller unha herdanza, o detective Frank Soutelo, coa axuda da investigadora Dalia Maxino, enfróntase inesperadamente a un enigma: a aparición dun dente humano sen dono e de orixe descoñecida. Ambos os asuntos  -familiares e forenses- han acabar confluíndo nun complexo caso no que a violencia de xénero, a explotación sexual, a man de obra inmigrante e os escuros intereses inmobiliarios se mesturan con personaxes sinistros, coas mans emporcadas de sangue. Novamente, coa axuda do sarxento da municipal Franeiras, o sempre indignado ex-garda civil Poncio e a forzada colaboración do estricado funerario Sugar Jones, Soutelo descubrirá tamén un doloroso pasado vinculado co seu pai. 


En un viaje imprevisto a Galicia para recoger una herencia, el detective Frank Soutelo, con la ayuda de la investigadora Dalia Maximo, se enfrenta inesperadamente a un enigma: la aparición de un diente humano sin dueño y de origen desconocida. Ambos asuntos -familiares y forenses- acabarán confluyendo en un complejo caso en el que la violencia de género, la explotación sexual, la mano de obra inmigrante y los oscuros intereses inmobiliarios se mezclan con personajes siniestros con las manos sucias de sangre. Nuevamente, con la ayuda del sargento de la municipal Franeiras, el siempre indignado ex-guardia civil Poncio y la forzada colaboración del funerario Sugar Jones, Soutelo descubrirá también un doloroso pasado vinculado con su padre.

Crítica (galego)

Pouco podía imaxinar Frank Soutelo sobre o que se aveciñaba. Recostado sobre a cadeira, cos pés na mesa, lía o xornal na súa oficina estadounidense. Los Angeles Times facía referencia, nunha profunda reportaxe, aos vinte e nove casos de homicidio acontecidos na cidade durante o último mes. A resolución dun deles fora encomendada ao detective grazas ao prestixio que lle outorgaron os medios de comunicación. Meditando sobre o tema atopábase, cando Pat, a súa secretaria, interrompeu os seus pensamentos. Unha carta procedente de Soutelo de Montes chegara á caixa do correo. O remitente, un primo de cuxo parentesco ignoraba o americano, enviara, adxunto a un escrito, varios documentos: Frank e a súa irmá eran os lexítimos herdeiros dunha propiedade que pertencera ao seu propio pai, en Forcarei.

Non sen antes deixar a investigación do homicidio en stand by, o afamado home decide realizar unha viaxe á terra natal do seu defunto proxenitor. Instalado nun aparthotel de Carballiño, o seu primo Xacinto levouno a coñecer as preto de dúas hectáreas que se remataran de sumar ao seu patrimonio. Con todo, algo non ía ben. O solar fora edificado sen o seu consentemento.

Asentado en Galicia, o detective decide reunirse con Dalia, amiga e traballadora de Securitas Suevia, en Lalín. No seu reencontro, esta faille saber sobre unha encomenda realizada a súa axencia. Descoñecendo calquera dato relativo ao caso, a única condición do demandante fora contar co recoñecido Frank Soutelo nas súas filas. Así, sen máis demora, ambos realizan unha visita ao letrado Adolfo -o seu cliente- que, acompañado do alcalde da vila e do presidente dunha asociación, ponlles ao corrente da súa petición. A poucas semanas da popular Festa do Cocido de Lalín, nun restaurante da zona, unha parella degustaba un bo cocido cando, nun anaco de chourizo, atoparon un dente humano. Cos datos sobre os provedores cárnicos da comarca baixo do brazo, Soutelo sae do lugar cun novo e misterioso encargo.

Opinión (galego)

O investigador privado Frank Soutelo volve, catorce anos despois da súa primeira aparición –Un nicho para Marilyn– e tras cinco entregas, cun novo caso que achegarano as súas raíces; novela na que conflúe o máis profesional e privado da vida do detective.

Descendente de galegos emigrados a terras estadounidenses, este personaxe sente unha especial unión coa terra dos seus proxenitores. Co recibimento dunha carta procedente de Soutelo de Montes, Frank comezará a súa viaxe por unha Galicia rural. Un paseo pola gastronomía máis selecta, a arquitectura máis destacada e a historia dunha rexión única. Da man de Dalia, compañeira de profesión e íntima amiga, o protagonista toparase co lado máis escuro do ser humano: especulación urbanística, explotación sexual, despedimentos improcedentes, precariedade laboral e, sobre todo, sorprendentes asasinatos.

Cun dente humano como desencadeante, e o seu moleskine como seguro de vida, o investigador saltarase as normas e ensuciarase as mans máis que nunca. Entre tanta maldade, feitos e accións surrealistas, a retranca do home levarán ao lector a soltar toda a tensión en forma de gargalladas. Unha acción que se desenvolve de forma veloz, cunha prosa simple e directa, pero que deixa con ganas de máis. Se hai que poñerlle un pequeno pero a esta novela sería a pouca profundidade nos temas tan interesantes e escuros aos que o escritor, crítico cinematográfico e historiador, Miguel Anxo Fernández, dá voz.

É posible que esta obra chegase ás miñas mans demasiado tarde. Recoñezo con pesar que non lin con anterioridade ningunha historia desta saga, algo ao que poñerei remedio. Tamén é probable que o autor non recorde a unha moi nova estudante de xornalismo que lle fixo, aterrorizada, anos atrás, a súa primeira entrevista nunha cafetería compostelá, preto do Multicines. Ai, o destino.


Reseña (castellano)

Poco podía imaginarse Frank Soutelo sobre lo que se avecinaba. Recostado sobre la silla, con los pies sobre la mesa, leía el periódico en su oficina estadounidense. Los Angeles Times hacía referencia, en un profundo reportaje, a los veintinueve casos de homicidio acontecidos en la ciudad durante el último mes. La resolución de uno de ellos había sido encomendada al detective gracias al prestigio que le habían otorgado los medios de comunicación. Cavilando sobre el tema se encontraba, cuando Pat, su secretaria, interrumpió sus pensamientos. Una carta procedente de Soutelo de Montes había irrumpido en su buzón. El remitente, un primo de cuyo parentesco ignoraba el americano, había enviado, adjunto a un escrito, varios documentos: Frank y su hermana eran los legítimos herederos de una propiedad que había pertenecido a su propio padre, en Forcarei.

No sin antes dejar la investigación del homicidio en stand by, el afamado hombre decide realizar un viaje a la tierra natal de su difunto progenitor. Instalado en un aparthotel de Carballiño, su primo Xacinto le lleva a conocer las cerca de dos hectáreas que se acababan de sumar a su patrimonio. Sin embargo, algo no marchaba bien. El solar había sido edificado sin su permiso.

Asentado en Galicia, el detective decide reunirse con Dalia, amiga y trabajadora de Securitas Suevia, en Lalín. En su reencuentro, esta le hace saber sobre una encomienda realizada a su agencia. Desconociendo cualquier dato relativo al caso, la única condición del demandante había sido contar con el reconocido Frank Soutelo en sus filas. Así que, sin más demora, ambos realizan una visita al letrado Adolfo -su cliente- que, acompañado del alcalde de la villa y del presidente de una asociación, les pone al corriente de su petición. A pocas semanas de la popular Fiesta del Cocido de Lalín, en un restaurante de la zona, una pareja degustaba un buen cocido cuando, en un trozo de chorizo, encontraron un diente humano. Con los datos sobre los proveedores cárnicos de la comarca bajo el brazo, Soutelo sale del lugar con un nuevo y misterioso encargo.

Opinión (castellano)

El investigador privado Frank Soutelo vuelve, catorce años después de su primera aparición –Un nicho para Marilyn– y tras cinco entregas, con un nuevo caso que le acercará a sus raíces; novela en la que confluye lo más profesional y privado de la vida del detective.

Descendiente de gallegos emigrados a tierras estadounidenses, este personaje siente una especial unión con la tierra de sus progenitores. Con el arranque de una carta procedente de Soutelo de Montes, Frank comenzará su viaje por una Galicia rural. Un paseo por la gastronomía más selecta, la arquitectura más destacada y la historia de una región única. De la mano de Dalia, compañera de profesión e íntima amiga, el protagonista se topará con  el lado más oscuro del ser humano: especulación urbanística, explotación sexual, despidos improcedentes, precariedad laboral y, sobre todo, inconcebibles asesinatos.

Con un diente humano como desencadenante, y su moleskine como seguro de vida, el investigador se saltará todas las normas, ensuciándose las manos más que nunca. Entre tanta maldad, hechos y acciones surrealistas, la retranca del hombre llevarán al lector a soltar toda la tensión en forma de carcajadas. Una acción que se desarrolla de forma veloz, con una prosa simple y directa, pero que deja con ganas de más. Si hay que ponerle un pequeño pero a esta novela, sería la poca profundización en todos los temas tan interesantes y oscuros a los que el escritor, crítico cinematográfico e historiador, Miguel Anxo Fernández, da voz.

Puede que esta obra haya llegado a mis manos demasiado tarde. Reconozco con pesar que no he leído con anterioridad ninguna historia de esta saga, algo a lo que pondré remedio, ya que merece la pena. También puede que el autor no recuerde a una joven estudiante de periodismo que le hizo, aterrorizada, años atrás, su primera entrevista en una cafetería compostelana, cerca de Multicines. Ay, el destino.

Anuncios

Un comentario sobre ““Un dente sen cadáver”, Miguel Anxo Fernández

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s